Categoría: Video

O museo no Luar (Tvg)

O venres día 22 de maio de 2020 dentro da programación nocturna da Televisión de Galicia, o Dr. José Manuel Lage foi entrevistado por Gayoso nó número 1219 de Luar.

Presentouse o Museo del Médico Rural de Maceda a gran multitud de seguidores que ten o devandito espazo televisivo.

Minuto 44:18 José María Lage, impulsor do museo do médico rural en Maceda : Enlace

Entrevista Radio Galega

O 30 de Xaneiro de 2020 o Dr. José Manuel Lage estivo durante media hora foi entrevistado por Xosé Manuel Piñeiro para a Radio Galega, presentando o Museo do Médico Rural e resaltando a figura do médico rural, unha figura clave,  patrimonio inmaterial da nosa terra e quizais a mais valorada no mundo rural

O médico rural era  psicólogo, confesor,veciño,…o seu traballo de sol a sol , todos os días do ano, era intachable.

Percorrían a diario dacabalo,motocicleta ou coche as aldeas do rural,con escasos medios….pero cunha extraordinaria habilidade para resolver os problemas que se lle presentaban

Foron uns heroes silenciosos  e  artesáns do seu oficio.

Doutor en Galicia Tvg

Doutor en Galicia é un programa da Televisión Galega que semana a semana viaxa por toda a xeografía galega para charlar con profesionais da nosa sanidade e saber do seu traballo e os lugares onde o levan a cabo.

Ademais contásennos porque escolleron esta profesión. Tamén cando non están coidando da nosa saúde a que dedican o seu tempo libre.

O 11 de xaneiro de 2020 no seu programa número 6 visitaron as instalacións do Museo do Médico Rural en Maceda, para charlar co Dr. José Manuel Lage, quen os conduzo polas distintas dependencias do museo admirando o material utilizado polos médicos rurais desde 1900 ata o ano 2000.

 

Programa: (a partires do minuto 20:25)

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/doutor-en-galicia-6-4258979?t=1

Anacos de Vida Tvg

Cartel preestreno Anacos de Vida Maceda
Este venres, 6 de decembro, o vello bus de Anacos de Vida visita Ourense para facernos viaxar no tempo e descubrirnos as pequenas e grandes historias que hai tralas fotos antigas da xente de Maceda.
 
A única localidade ourensá na que estivo previamente foi Celanova, terra que viu nacer o programa froito da realización do proxecto de recuperación da memoria gráfica e oral “Aquela Celanova”.
 
A preestrea en Maceda será o venres, 6 de decembro, no salón de actos do Concello ás 19:30, onde presentaremos un novo capítulo deste formato audiovisual, creado por Arraianos Producións para a CRTVG e onde recuperamos boa parte da nosa memoria individual e colectiva.
 
Na preestrea de Anacos de Vida gozaremos da presenza dos protagonistas desta nova entrega, que son os veciños e veciñas das 11 parroquias deste val, protexido pola Serra de San Mamede, ademais dos rapaces e rapazas do centro educativo público de primaria da vila, que participaron tamén no programa.
 
Este acto contará tamén coa presenza do director e produtor do programa, Aser Álvarez, produtor executivo de Arraianos Producións, e a presentadora Alba Prol, que é orixinaria de Maceda.
 
O programa emitirase este sábado, 7 de decembro, a partir das 19:00 na TVG.
 
No programa desta semana imos descubrir, a través das fotos antigas, por que Maceda é unha das vilas con máis éxitos ciclistas e a mellor canteira de Galicia e seremos ademais testemuñas dun evento moi agardado na vila: a primeira visita ao museo dos médicos rurais, un proxecto pioneiro e único en Galicia.
 
Non pararemos ata que o noso equipo de investigación descubra a historia que se agocha trala foto misteriosa do programa.

El museo en informativos Tvg

Inaugúrase en Maceda o Museo do Médico Rural en lembranza destes profesionais en informativos Tvg el 07/07/2019

Noticia

Museo Médico Rural en Telemiño

Reportaxe emitido pola canle TeleMiño Tv o día cinco de xullo de 2019

Inauguración dó Museo dó Médico Rural

O dia 5 de Julio do Ano 2019 inaugurouse o museo coa presenza do Alcalde de Maceda, Presidente do Parlamento galego, o Conselleiro de Sanidade e o  Presidente da Deputación de Ourense.

DISCURSOS.

  • D.  Rubén Quintas.Alcalde de Maceda.
  • Dr.José Manuel Lage Parente.´creador del Museo.
  • Dr.Miguel AngelSantalices.Presidente del Parlamento de Galicia
  • Dr.Jesús Vazquez Almunia.Conselleiro de Sanidad
  • D.Jose Luis Baltar.Presidente Diputación de Ourense.

Asistiron ao devandito evento máis de duascentas persoas,e ao final dos discursos entoouse o himno galego,coa actuación da banda de gaitas do concello de Maceda.

Logo pasouse á visita do museo

Video da Inauguración:

Powered by WordPress & Theme by Anders Norén